Reixtro Civil

A Audiencia Provincial anula as investigacións da parte levantina da Pokemon

A Audiencia Provincial de Lugo vén de anular nunha docena de autos as investigacións relativas a parte da instrucción da ‘Operación Pokemon’ realizadas polo Xulgado de Intrucción lucense que dirixe a xuíza Pilar de Lara e que abarca a zona do Levante, na que se involucran cidades como Lorca, Murcia ou Elda entre outras. A Audiencia toma esta decisión por considerar que “non é competente”.

A Audiencia Provincial de Lugo admitiu así unha docena de recursos que anulan probas solicitadas pola maxistrada lucense entre as pesquisas derivadas da Pokemon e coas que pretendía investigar presuntas adxudicacións irregulares de contratos. Entre estas evidencias, atópanse pesquisas de De Lara en relación a políticos relacionados con concellos como o de Elda, Murcia, Campello ou Lorca que, segundo a Audiencia Provincial debían “ter sido remitidas aos xulgados respectivos ou á propia Audiencia Nacional a quen se supón competencia”.

Neste senso, en varios autos a Audiencia sinala que non “é posible esgrimir unha investigación global sobre o Grupo Agbar para estimar que a competencia se extenda a todo o territorio onde opere o entramado empresarial ou as súas filiais”; por isto, os autos aseguran que o Xulgado de De Lara “non é competente” para investigacións fóra de Galicia e Asturias.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com