O coronavirus segue mantendo á provincia de Lugo en vilo. Se onte aumentaban moito o número de positivos detectados, hoxe se da un novo descenso nas infeccións que contabiliza o SERGAS. Segundo as cifras ofrecidas esta mañá polo Servizo Galego de Saúde, son 42 os positivos detectados no día de onte, 23 menos que na xornada anterior. Tamén baixa o número de casos activos que xa leva tres xornadas en descenso. Así se onte sumabamos un total de 1064 infeccións, hoxe rexistranse 11 casos activos menos, situandose 1.053.
Malia que as cifras poderían parecer positivas, que o son, o certo é que a presión hospitalaria non acaba de mellorar. E é que, mentras si descendía o número de ingresos en planta que pasaron dos 55 do mércores aos 47 rexistrados o xoves; a UCI do HULA seguía a sumar pacientes covid. Son un total de 6 persoas, 3 mais que onte, as que loitan contra o virus dende a Unidade de Coidados Intensivos.
En canto ao semáforo covid, hoxe é día de cambios. Así Monforte volve baixar o seu número de casos, regresando ao nivel laranxa e deixando en alerta máxima tan só a tres concellos: Lugo, Vilaba e Chantada.
Como deciamos, Monforte regresa ao nivel 2 de alerta, o laranxa, onde tamén están Viveiro, Sarria e Cervo. E, no amarelo, no nivel máis baixo de incidencia a sete días, están Foz, Outeiro de Rei, Castroverte, O Corgo e, por primeira vez, Taboada; Por outra banda, saíndo hoxe deste nivel O Valadouro, Castro de Rei e Guntín.