A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores bonificacións a seis novas naves instaladas no Polígono Industrial das Gándaras. Estas bonificacións xa foran aprobadas no Pleno do mes de xullo e supoñen unha rebaixa do 50% na cota do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, “estas medidas responden á clara aposta do Goberno Local polo apoio á creación de empresas e que conleva novos postos de traballo, co que se fomenta o emprego na cidade”, unha prioridade para o equipo que dirixe Lara Méndez.
Policía Local
A Xunta de Goberno autorizou ao persoal que forma parte dos turnos rotatorios, patrulla verde e unidade administrativa da Policía Local, para que durante o mes de outubro poidan realizar servizos de urxencia con motivo de poder atender calquera eventualidade que poida xurdir, especialmente pola celebracións das festas do San Froilán.