O número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo aumentou en dous nas últimas 24 horas, e sitúa o número de positivos en 495, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.
Tamén aumentou o número de casos activos de coronavirus en Galicia, sitúandose en 4.101, 63 máis que onte; deles 820 son da área da Coruña, 495 da de Lugo, 1.037 da de Ourense, 685 da de Pontevedra, 419 da área de Vigo, 528 da de Santiago, e 117 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 204 en unidades de hospitalización e 3.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.170 persoas curadas, rexistrándose 757 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 511.007.