As autorizacións para acceder maña venres á praia das Catedrais están practicamente esgotadas

As autorizacións gratuítas para acceder ao Monumento Natural da Praia das Catedrais que se poden solicitar a través da páxina web están practicamente esgotadas para mañá día 25 de marzo.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, supervisou esta mañá o desenvolvemento do Plan especial de visitas para preservar este espazo, onde recordou que as 4.812 autorizacións vanse repartir por cupos entre distintas entidades públicas e privadas.A inmensa maioría distribúense a través da web, e as restantes son xestionadas pola Mancomunidade de concellos da Mariña lucense, o Clúster de Turismo de Galicia, os hoteis e os taxis de Ribadeo. Deste xeito, matizou que “as persoas que se aloxen nos establecementos hoteleiros poden acceder a unha autorización directamente e que nas seguintes xornadas aínda queda cupo para poder visitar o areal”.

A Consellería de Medio Ambiente decidiu controlar dende o pasado 19 de marzo o acceso ao monumento natural das Catedrais, en Ribadeo, con motivo da Semana Santa, período no que se repartiran un máximo de 48.000 autorizacións, dando continuidade ao Plan de conservación que se puxo en marcha en xuño de 2015.

Lembrou que o control dos visitantes articúlase ao redor da web https://ascatedrais.xunta.es/, a través dun proceso sinxelo e totalmente gratuíto. Os interesados só teñen que acceder á web, elixir a data na que queren visitar este monumento natural e obter a autorización precisa para facelo. Este sistema de control, que xa funcionou o verán pasado, rexistrou nos meses de xullo, agosto e setembro un total de 240.000 visitantes.

A directora sinalou que esta visita ao areal pode completarse cun servizo de guía e divulgación ambiental, que este ano tamén se volveu a ofrecer aos visitantes que o desexen. As visitas realizaranse en grupos de 25 persoas, cunha duración de 30 minutos nos que se abordarán nocións sobre valores ambientais, fauna, flora e xeoloxía.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com