Autorizadas 403 fogueiras de San Xoán na cidade de Lugo e na zona rural da comarca

O Concello autoriza 403 fogueiras de San Xoán para os festexos que terán lugar esta noite, 152 na cidade e 251 na zona rural. Neste senso, a Alcaldesa, Lara Méndez, ditou un bando que establece as normas ás que teñen que axustarse as fogueiras do Lume Novo, na que, ademais de contar coa debida solicitude, figura a prohibición de queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así comomateriais ou produtos contaminantes, fedorentos tóxicos e o lanzamento de foguetes.

Do mesmo xeito, as fogueiras non se poderán facer en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo, así como no casco histórico. As persoas responsables e organizadoras de cada fogueira deben retirar do lugar da celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

O Concello lémbralle á cidadanía que en caso de incumprimento do indicado ou ante queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar a fogueira. Ademais, os Bombeiros contarán cun reforzo para poder dar resposta a calquera incidencia que poida xurdir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com