Avanzan os traballos de peonalización no barrio de Recatelo

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas anunciou que o vindeiro luns comezarán os traballos de peonalización no barrio de Recatelo, nas rúas Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo. O tenente de alcalde afirmou que “estamos a traballar na mellora da imaxe dun barrio histórico da cidade, situado entre a Muralla e o Parque de Rosalía”, e destacou que “Recatelo pode ser unha importante zona de paseo, entre o centro e o Parque de Rosalía, e ao mesmo tempo podemos mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza”.

O Tenente Alcalde destacou que “os traballos están a realizarse a bo ritmo, seguindo a planificación elaborada pola área de Mobilidade e Infraestruturas”, e engadiu “a planificación realízase tratando de producir as mínimas molestias ás veciñas e veciños da zona”.

O vicealcalde explicou que “con estes traballos daremos un paso adiante na humanización do barrio de Recatelo, engadíndoas aos traballos xa realizados no verán pasado na rúa Vila de Sarria”. Esta actuación foi adxudicada por 208.626,59€, e un prazo de execución de 6 meses.

“Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade”, afirmou o segundo edil, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin “como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com