A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Lugo, recibía un aviso esta pasada madrugada por unha avaría detectada a primeira hora do domingo na rede municipal de auga na rúa Rio Masma. O aviso tivo lugar ás 08:30 horas, para o que foi preciso, contratar a unha empresa polo procedemento de emerxencia que asumira a reparación da incidencia segundo explicaba o edil Álvaro Santos. O concelleiro, informa que xa se procedeu ao corte do suministro de auga, para iniciar as tarefas de avaliación de alcance da avaría e unha vez finalicen as mesmas proceder á reparación da mesma.
Foto de arquivo: avaría na rúa Marques de Hombreiro