As comunicacións chegaron desde o lugar de Betote en Sarria , onde varios particulares informaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias a primeira hora desta mañá. Non se rexistrou ningún tipo de danos persoais ou materiais.
Todos os avisos producíronse minutos despois das 8:20 horas, e os particulares coincidían nas súas observacións: unha luz de cor verde acababa de cruzar o ceo a gran velocidade. Outro dos alertadores sinalou que o obxecto acabara por dividirse en tres partes.
Os xestores do 112 Galicia informaron aos axentes da Policía Nacional e da Garda Civil.