Axentes da UDEF levan da Deputación documentación en relación coa Operación Pulpo

Axentes da UDEF acudiron esta mañá á sede da Deputación de Lugo, no Pazo de San Marcos, para requerir diversa documentación en relación coa Operación Pulpo, que investiga o presunto amaño de contratos e a fraude en subvencións concedidas pollo ente provincial. Unha operación que está sendo instruída pola xuiza Pilar de Lara

Segundo o presidente da Deputación, Darío Campos, os axentes levaron documentación referida ao club baloncesto Breogán e a auditora Price WaterHouse Coopers. Campos aclaraba que non se trataba dun rexistro e ironizaba sobre o feito de que os axentes entrasen no Pazo de San Marcos en presenza de todos os medios de comunicación.

“Non creo que sexa tan casual como me parece porque o día do pleno, a esta hora que veña a buscar a UDEF…. Eu creo que tiñan momentos para vir sen montar este revuelo”, explicou Campos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com