Os concertos de Baiuca e do proxecto Enredadas serán os protagonistas do Domingo das Mozas escenarios da Horta do Seminario e da praza de Santa María, respectivamente.
Baiuca, 8 de outubro ás 22 h na praza Horta do Seminario
O músico de Catoira é un innovador na mistura da electrónica e a música tradicional do país e consegue levar as dúas cousas a outro nivel. Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta fusionar tradición e vangarda. Á música electrónica únenselle Instrumentos e voces tradicionais e todo pasa polo tamiz dos sintetizadores, caixas de ritmo e programacións. Non é so tradición nin é so modernidade, senón un traballo exemplar e fascinante de aleación, integración e sublimación.
Enredadas chegan a Lugo o domingo 8 de outubro ás 21:00h na praza de Santa María. Catro cantoras esenciais fusionando estilos e repasando coplas, jotas e alalás. Catro mulleres que, sen perder o seu propio estilo, fúndense nunha aperta musical que é unha delicatessen para os sentidos. “Martirio, Uxía, Carmen París e A Pedreira levan aos escenarios o mellor das súas músicas. Con arraigo tradicional e un toque moderno as catro mulleres deixarán un regusto de tradición e modernidade. O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de A Pedreira forman un cóctel explosivo que celebra a madurez destas grandes artistas. Unha orixinal revisión da copla, a jota ou os alalás.