Baixan a 356 os casos activos na área sanitaria de Lugo

356 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, catro menos que onte, son os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.565, deles 880 son da área da Coruña,  506 da de Ourense, 911 da de Pontevedra, 1.216 da área de Vigo, 1.270 da de Santiago, e 426 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 293 en unidades de hospitalización e 5.224 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 53.034 persoas curadas, rexistrándose 1.350 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.062.089.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com