Baixan na Mariña os casos activos por Covid-19 a 47 e na área sanitaria de Lugo sitúanse en 85

O número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo baixa nas últimas 24 horas a 85, 5 menos ca onte. 47 destes casos están relacionados co brote que afecta a Mariña que baixa en catro o número de casos con respecto a onte, logo de producirse 4 altas.

En canto ao número de casos activos de Covid-19 en Galica é de 242, deles 63 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 7 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 47 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 232 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.236 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 245.003.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com