Baixan o número de casos activos de Covid19 malia ao aumento de novos contaxios

Lugo continúa a acusar un gran avance do coronavirus. Malia o descenso significativo no número de casos activos, que chega hoxe aos 1085 fronte aos 1.102 rexistrados onte; a cifra de novos positivos confirmados por PCR subía onte en 11 persoas con respecto á xornada anterior ata chegar ás 48 novas infeccións. 

Con todo, a presión hospitalaria na provincia descende levemente. Mentres que en planta dos diferentes centros hospitalarios se atopan un tota lde 31 hospitalizados, 4 menos que onte, a UCI do HULA, que é a única unidade de críticos da provincia que ten persoas infectadas da COVID19, rexistra hoxe un paciente menos. 

Doutra banda, e malia novas positivas, tamén aumentou a cifra de falecementos. E é que unha nova vida foi cobrada polo virus, a dunha muller de 85 anos que finaba no Hospital de Monforte procedente da residencia DomusVi. Con ela, suman 119 falecidos por infección de covid.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com