A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, cualifica de “vergoñenta” a imaxe que, na súa opinión, está a dar o Goberno lucense a todo aquel que chega á cidade. A concelleira fai esta crítica logo de comprobar como restos arqueolóxicos atopados na cidade están protexidos con cubos de plástico para evita que as goteiras danen este patrimonio. Beatriz Vázquez explica que esta situación está a darse constantemente porque o método empregado para a instalación e posterior reparación das fiestras arqueolóxicas da rúa Doutor Castro, segundo di a edil, “non é o adecuado” polo que a auga segue a filtrarse periodicamente.
Beatriz Vázquez explica que esta situación está a darse constantemente porque o método empregado para a instalación e posterior reparación das fiestras arqueolóxicas de Doutor Castro “non é o adecuado” polo que a auga segue a filtrarse periodicamente, tendo o goberno local como única solución a colocación de baldes de fregona.
A concelleira popular incide no “vergoñento” desta situación e do abandono destes restos arqueolóxicos, xa que se está a dar “unha imaxe
bochornosa” ao ver un mosaico romano protexido con cubos de fregona. “Estamos ante o fiel reflexo da política de parches de socialistas e nacionalistas, empeñados en presentar unha imaxe de Lugo cada vez peor. Quizais sería máis útil que eses cubos de fregona os empregasen para recoller as pingueiras da súa neglixente xestión”, afirmou.
Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular se volverán a presentar preguntas ante a comisión correspondente para coñecer os
motivos de chegar a esta situación e para ver comprobar se agora os concelleiros do goberno responden ás preguntas relacionadas coas fiestras arqueolóxicas, xa que na última comisión que preguntamos por este tema “non respostaron ás preguntas” agochándose en negacións e na ausencia de funcionarios.