Balonmán Lucus presenta o seu primeiro evento de balonmán na rúa aberto a todos os públicos

O clube lucense de balonmán, Lucus, presentou esta mañá no Concello o evento deportivo Balonmán na rúa, que terá lugar os días 12 e 19 de maio na cidade. Na presentación estuveron presentes o Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Cadramón,  o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón e o responsable da mesma área no concello de Lugo, Miguel Fernández. Ademáis de dous representantes de Balonmán Lucus, Luis Candamio e Stela Maris.

Candamio explicou que este torneo pretende devolver a Lugo o interese polo balonmán e “lembrar a importancia que este deporte tivo para a cidade”. “Este evento faise a raiz dun torneo interno que facía o clube para que os nenos de entre 6 e 12 anos que fixeran este deporte non se quedaran só en ir a entrenar, se nón que viviran tamén a necesaria competencia”, explicou Candamio.

O clube de balonmán Lucus decidiu levar á rúa este evento “para que chegue a canto máis xente, mellor; dunha forma crara e evidente”. Candamio reiterou que o evento se realiza para que sexa participativo que “en calquer momento calquera rapaz que queira participar, podase incorporar ao xogo”.

Os rapaces que se anoten poderán facelo de maneira individual ou levar equipo, como nos casos dalgunhas escolas da cidade que participarán como equipos como o colexio PP. Franciscanos, Albeiros, Anexa, Cervantes, Menéndez Pelayo e Milagrosa.

O torneo celebrarase os venres 12 e 19 de maio de 17.00 a 20.00 horas, e aínda que a idea inicial era facelo na rúa, o vindeiro día 12, debido as previsións meteorolóxicas, trasladarase á Casa do Deporte, sita na avenida Infanta Elena.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com