O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que a xornada de portas abertas que o Concello de Lugo programou para o antigo cuartel de San Fernando é unha oportunidade para que a veciñanza poda comprobar, en primeira persoa, “o mal estado no que o Goberno local mantén un edificio, que eles mesmos recoñecen é de titularidade municipal”. Polo tanto, advertiu, “esta situación é responsabilidade directa da Concello”
Balseiro tamén confirma “que ata o de agora” a Xunta non ten constancia de ningunha petición formal do Concello de Lugo na que se solicite a colaboración da administración autonómica para a execución de novas obras de rehabilitación neste inmoble municipal. Con todo, o delegado lembrou que a Xunta, “a pesar de non ser un inmoble da súa titularidade, financiou unha intervención de mellora hai algún tempo (no 2016), na que a Xunta e o Concello investiron cada unha 90.000 euros”.
Nov 07, 2019 - 11:25 PM
Uns por outros e o edificio caendo. Os edificios públicos de Lugo serán competencia de Ubeda e da xunta de Andalucía