Balseiro: “Campos está obsesionado con comparar unha formiga cun xigante”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, censurou a permanente “obsesión” do presidente da Deputación, Darío Campos, e dos socialistas lucenses por restar valor aos investimentos do Goberno galego na provincia a pesar de ser moi superiores aos do ente provincial.

“Están obsesionados por confrontar coa Xunta. Pretenden comparar unha formiga cun xigante. Os 1.341 millóns de euros que o Goberno galego destina para a provincia de Lugo, cos 84 que presuposta a Deputación”-explica.

O delegado territorial di que “o discurso dos socialistas lucenses é unha estafa intelectual coa única interese en confundir á cidadanía, a pesar de que as contas non lles saen”. “Os lucenses teñen moi claro que as grandes infraestruturas, o apoio ás empresas e a inmensa maioría dos servizos públicos: sanidade, educación, emprego están sostidos pola Xunta”.

Balseiro desminte tamén outro argumento recorrente que empregan desde a Deputación cando aseguran que gran parte dos investimentos que realiza o Goberno galego na provincia teñen a súa orixe en fondos europeos, e que como tal, non poden atribuírse á iniciativa da Xunta. O delegado territorial lembra que é o Goberno galego quen xestiona, tramita e distribúe estes recursos, e quen prioriza a que obras ou servizos concretos se destinan, ademais en todos os casos están cofinanciados con fondos propios.

“Seguindo este mesmo argumento todos os plans e programas de emprego que teñen en marcha na Deputación están financiados con fondos europeos, e non por iso deixan de render conta dos mesmos ante a cidadanía e na prensa. Eles queren silenciar á Xunta para que non se evidencie a súa falta de iniciativas e traballo”

Finalmente, Balseiro reta a Campos a explicar polo miúdo a orixe dos recursos da administración provincial que, con mínimos fondos propios, a gran maioría do orzamento ten orixe nas achegas do Estado ou da Xunta e nos recargos provincias a distintos impostos. De feito o 82% dos recursos da Deputación son transferencias correntes doutras administracións “e non por iso deixan de xestionalos eles”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com