O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe o compromiso do Goberno galego co Concello de Sarria, onde ten previstos investimentos por valor de preto de 5 millóns de euros que se irán materializando ata final de ano, “sen prexuízo -matizou- das novas actuacións que se decidan e outros programas de axuda que se vaian resolvendo nestes próximos meses”.
O delegado incidiu en que “Sarria é un dos concellos máis dinámicos da provincia e a Xunta quere estar presente apoiando tanto á iniciativa privada como a dotación e mellora das infraestruturas públicas, nunha aposta clara e decidida por este municipio”.
Balseiro realizou estas declaracións durante unha visita a unha explotación agraria, onde destacou “o empuxe do sector agropecuario do concello, “
Ao respecto, o delegado explicou que Sarria recibe 3,5 millóns de euros en axudas ao sector gandeiro e destacou “o peso que tiveron en Sarria as subvencións para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria, con 14 novas altas que suman axudas por 428.000 euros, e os plans de mellora para 20 explotacións, con 1,2 millóns de euros de financiamento”.
Balseiro tamén fixo referencia á mellora de infraestruturas, Igualmente, lembrou que a Xunta proporciona ao concello dotacións e financiamento para a prestación de servizos municipais, a través do Fondo de Compensación Ambiental, o Fondo de Cooperación Local ou o convenio para a atención de emerxencias no Camiño Francés.