O Delegado da Xunta en Lugo declarou que “non temos recibido notificación da apertura do expediente en relación á suposta sanción que o Concello de Lugo quere impoñer a
Turismo de Galicia por actuacións de mellora no Camiño de Santiago”.
En calquera caso, lembrou o dirixente popular, “de chegar a producirse, recorreremos a decisión, pois resulta sorprendente que un concello queira sancionar á administración que máis se preocupa pola mellora do Camiño de Santiago en Lugo, a
Xunta.. Ademáis para a execución das actuacións, realizadas en 2016, non era preciso contar con licenza segundo acreditan os técnicos de Turismo de Galicia e
Patrimonio da Xunta”.
Turismo de Galicia vén realizando desde 2015, no marco do Plan director do Camiño de Santiago, actuacións de posta en valor de todos os itinerarios xacobeos, sen que se producisen situacións como a que pretende o Concello de Lugo. De feito, neste mesmo itinerario o proceder co resto de concellos foi similar e ningún deles respondeu deste xeito. Rematou.
Post Views: 0