O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou esta mañá no acto de entrega dos diplomas e certificados acreditativos ao alumnado do curso ‘Aproximación didáctica á Internet das cousas. Aplicacións e manexo de sistemas non tripulados‘. De 120 horas de duración esta acción formativa impartida pola Confederación de Empresarios de Lugo contou coa participación dunha vintena de alumnos e estivo orientada a facilitar a autónomos e traballadores de pemes formación actualizada en solucións de industria 4.0., incluído o manexo de drons.
O curso, que contou co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, foi cofinanciada pola Unión Europea no marco del Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014 – 2020.