A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entregou hoxe na Biblioteca Nodal de Lugo os premios do certame de debuxo e narración Letras Galegas 2018, que convocan unha vintena de bibliotecas públicas da provincia.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na entrega de premios xunto coa directora da Biblioteca Nodal, Elena García; a xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, María José Gómez, e Xulio Xiz, xornalista e membro do xurado dos premios.
Balseiro subliñou que este certame cumpre o triplo obxectivo de “celebrar as Letras Galegas, fomentar a creatividade dos escolares, e poñer en valor o papel das bibliotecas, auténticos centros da cultura das nosas vilas e cidades”.