O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na xuntanza anual da Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga) en Lugo, na que a entidade homenaxeou aos gandeiros que se xubilaron nos últimos meses. Balseiro aproveitou para “agradecer e animalos a continuar co labor asociativo, que fai máis forte o noso rural”, e subliñou que “os desafíos que ten diante de si esta provincia pasan polo desenvolvemento e a modernización do rural”, onde estar os recursos máis salientables da provincia. “Debemos ser capaces de explorar todas estas oportunidades e de facer ver á mocidade que aí está a medrar un sector agropecuario á alza”, concluíu.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.