Balseiro insta á alcaldesa a fixar “día e hora” para manter un debate sobre San Fernando

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, instou á alcaldesa de Lugo a fixar “día e hora” para manter un debate “serio, reflexivo e útil sobre o futuro do cuartel de San Fernando”. Balseiro reiterou a súa disposición a confrontar as propostas da Xunta e do concello “porque nós estamos convencidos de que temos un proxecto que contribuirá á dinamización económica da cidade,  o único que vén avalado por un estudo previo, e estamos dispostos a defendelo en calquera foro ao que sexamos invitados”.

Neste sentido, o delegado explicou que a Xunta invitou ao Goberno local a asistir ao acto que tivo lugar na Delegación Territorial o pasado sábado, que declinou o ofrecemento. E incluso convidou á Plataforma que respalda a posición do concello para que enviase un representante para expoñer a súa postura, tamén sen éxito. O salón de actos da Delegación reuniu a máis de medio millar de persoas nun evento que era “de acceso libre e gratuíto”, e ao que “non lles facía falta enviar espías porque estaban expresamente invitados”, ironizou.

Balseiro atribuíu “ao nerviosismo e á ausencia de argumentos” as críticas realizadas dende o concello a ese acto organizado para debater sobre os usos do cuartel e doutros inmobles da cidade no marco “dun concepto de museo da romanidade aberto, con múltiples puntos de interese”.

Acusou ao concello de “caer en contradicións con respecto á rehabilitación do cuartel  porque, se esixen a implicación da Xunta, terán que deixarnos opinar; é moi cómoda a súa actitude: ‘eu invito e pagas ti’”. Ao respecto, sinalou que a Xunta compromete 5 millóns de euros para esta obra, ademais de asumir integramente a rehabilitación do pazo de Dona Urraca e da Casa Torre.

Para concluír, o delegado anunciou que continuará coa rolda de xuntanzas que está a manter co tecido asociativo do municipio para explicar o proxecto de impulso do turismo cultural que promove a Consellería de Cultura e Turismo en Lugo, reuníndose hoxe mesmo con representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo. “Facémolo para explicar o noso proxecto, para que todas as persoas interesadas teñan elementos de xuízo, pero sen comprometer a ninguén; nós non lles pedimos que se posicionen”.

Novas relacionadas

  1. J Eduardo Veiga
    Feb 10, 2020 - 07:23 PM

    Balseiro es un inútil, el solo en un debate, es incapaz de articular palabras coherentes.
    El solo debate por teléfono (con el asesor al lado).

    Reply
    • Oscar Poy
      Feb 10, 2020 - 07:26 PM

      J Eduardo Veiga Cuidado con la lengua, no se vaya a morder 😂

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com