Balseiro: “non hai usuarios contaxiados do covid-19 nas residencias da Xunta en Lugo”

Os datos de seguimento da expansión do coronavirus confirman que “a día de hoxe non hai ningún usuario afectado polo Covid-19 nas residencias da Xunta de Galicia na provincia de Lugo”, segundo se puxo de manifesto na reunión por videoconferencia que mantiveron esta mañá o delegado territorial, José Manuel Balseiro, e os directores destes centros.

Balseiro valorou a situación xunto coas xefas territoriais de Política Social, Cristina Abades, e Sanidade, Begoña Seco, e os directores e directoras das residencias de maiores das Gándaras e A Milagrosa (na capital), Burela e Monforte de Lemos, así como do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria e o centro de menores Santo Anxo de Rábade.

Entre todos eles suman preto de 500 residentes e neste momento non hai diagnosticado ningún positivo por coronavirus. Balseiro puxo de manifesto que “isto é posible grazas ao gran traballo que están realizando os directores e os traballadores destes centros para protexer, coidar e axudar aos usuarios a superar estas semanas de confinamento”.

O delegado incidiu na necesidade de tomar os datos con cautela porque “sabemos que pode tratarse dunha situación conxuntural”, e confirmou que si hai algúns traballadores afectados. Son en concreto “catro do CADP, cinco da residencia da Milagrosa, dous da de Burela e outros tantos na das Gándaras. En todo caso, entende que as cifras empezan a ser esperanzadoras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com