Esta mañá, José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo presentou o Plan de Sendas acompañado do Xefe de Servizos de Estradas de Lugo Gerardo Pallares e do Xefe Territorial de Infraestructuras de Lugo Javiar Arias.
Balseiro aclarou que este plan, no que se inclúe Lugo, consiste en construir vías peonís e de bicicletas para reducir as víctimas mortais nas estradas, ademais, explicou que a través de actuacións coordinadas e planificadas se conseguirán as tres premisas prioritarias deste plan, entre as que se inclúe favorecer modos de desprazamento sustentables, menos contanimantes e alternativos á utilización de vehículos, permitir que os cidadáns fagan deprazamentos cotiás andando ou en bicicleta de forma segura, e percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos: centro de saúde, centros escolares ou garderías e incluso lugares de ocio e lecer. Con este plan “increméntase a seguridade de peóns e ciclistas xa que son os cidadáns máis vulnerables das estradas”
O delegado tamén explicou que “o plan xa se aprobou en febreiro de 2016 e se a cabo en 7 comarcas na primeira fase a partir de marzo de 2016. Agora, iníciase a segunda fase do plan, que inclúe a entrada de Lugo. Na comarca de Lugo construiránse 6 sendas con preto de 8 km de lonxitude e un investimento de 2,5 millóns de euros, nos concellos de Portomarín, Lugo, Rábade, Outeiro de Rei e Láncara“.
O delegado expresou que “a Xunta trata sempre de promocionar estas sendas de seguridade”, que traen consigo beneficios para as persoas, para a vida coa menos contaminacións dos vehículos e para o medio ambiente. A prioridade das comarcas elixirase atendendo aos núcleos de poboación, á orografría, ao clima, ao tráfico e á conexión con percorridos existentes.
Este contrato prevé un prazo de 12 meses para a redacción dos proxectos, polo que a comezos de 2018 contarase con primeiros documentos redactados, para que en 2019 se podan iniciar a contratación das obras.
En resumo, este plan tentará de construir un total de 95 sendas en toda a Comunidade Autónoma, nesta segunda fase que se inicia, intentaránse construir un total de 40 estradas das cales 6 serán na comarca de Lugo, nos concellos citados anteriormente.