Balseiro resalta a importancia de Xenética Fontao na provincia de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá as instalacións de Xenética Fontao, emprazadas na parroquia lucense de Esperante. Alí, puxo en valor a importancia que para a nosa provincia ten acoller un centro que lidera a aposta pola investigación e apoio aos profesionais do medio rural, en particular, do sector gandeiro.

O delegado explicou que esta empresa pública, desde a súa creación en 1998, traballa no desenvolvemento de programas de mellora xenética que teñen contribuído ao incremento das capacidades produtivas das razas de gando tanto en cantidade como en calidade. De feito, esta entidade, ofrece aos profesionais da gandaría galegos material xenético e apoio técnico para mellorar a eficacia  reprodutiva e a profesionalidade das explotacións, contribuíndo á súa viabilidade a longo prazo.

“Falamos dunha empresa pública de vangarda, propiedade da Xunta e das principais asociacións de gandeiros galegos, como FEFRIGA (Federación de Frisona Galega), e ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega)”-dixo Balseiro.

Xenética Fontao incorpora ademais da xestión do Centro de Escolma e Reproducción Animal de Galicia, que conta con sementais das principais razas de uso gandeiro na nosa comunidade (Holstein, Rubia Gallega, Blanco Azul Belga e Limusina). Ademais, no ano 1999, creouse o Laboratorio de Xenética Molecular, como unha nova unidade para a prestación de servicios mediante o emprego da biotecnoloxía do ADN nos campos da Sanidade e Produción Agropecuaria.

Balseiro quixo poñer en valor o traballo que desenvolve cada un dos integrantes do cadro de persoal de Xenética Fontao, en particular o do seu xerente, Jesús Vázquez Pérez, e lembrou que froito de todo este esforzo en cada unha das probas, certames e eventos de certificación, tanto nacionais como internacionais, os touros de Xenética Fontao obteñen importantes recoñecementos e premios, consolidando e acreditando o liderado e a relevancia desta entidade no que respecta á produción de material reprodutivo a partir de sementais de extraordinaria calidade xenética

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com