O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou hoxe na Convención de gandeiros de leite ecolóxico organizada polo Grupo Lactalis en Vilalba.
Balseiro subliñou que a produción ecolóxica en Galicia ven aumentando a un ritmo moi importante nos últimos anos, acadando máis de 41,7 millóns de euros de facturación no 2016. A provincia de Lugo facturou unha terceira parte do total de Galicia. “Esta gran capacidade da alimentación ecolóxica para medrar amosa que no sector primario de Galicia hai lugar para o emprendemento e o futuro das novas xeracións”, apuntou.