O portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, asegurou hoxe “o compromiso do Goberno coa chegada do AVE a Lugo”. Barreiro afirmou que “por moito que outros digan o contrario, Lugo non está fora do mapa da alta velocidade de España”. E puxo en valor as palabras do Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que onte mesmo reafirmou no Pleno do Senado, e en resposta a unha pregunta do Grupo Socialista, o “compromiso do Goberno con Galicia e con Lugo”.
Barreiro explicou que “a chegada do tren de alta velocidade a Lugo e a Galicia é un proxecto prioritario” e insistiu en que “o Goberno seguirá invertendo, como o fixo ata agora, con cerca de 3.000 millóns de euros”. “A previsión é que o AVE que une Madrid con Galicia estea funcionando en probas no terceiro trimestre de 2019″.
O portavoz dos populares na Cámara Alta recordou ao PSOE o impacto negativo que supuxo a parálises no Goberno na execución de infraestruturas; “os que se enrocaron no non, non e non son os principais culpables do atraso da chegada do AVE a Galicia e a Lugo”. Neste senso pediu ao Partido Socialista que “apoie os presupostos do Executivo para garantir a inversión en infraestruturas”.
Asemade recordou os “reiterados incumprimentos do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero que asegurara que o AVE sería unha realidade en Galicia en 2012”. Para os Populares “non hai ningunha dubida de que non somos nosoutros os que exclúen a Galicia dos planes da alta velocidade”, concluíu.