Barreiro asegura que o Partido Popular é o único garante do estado do benestar

O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, afirmou esta tarde, que a revolución do Partido Popular é “a revolución das cousas ben feitas. Unha revolución que aspira a cambialo todo para que o que realmente importa á xente nunca cambie”.  “A clase media foi  e está sendo a gran protagonista do cambio que experimentou España dende que Rajoy chegou ao goberno”, dixo José Manuel Barreiro.

Na súa intervención, Barreiro subliñou que “xa conseguimos facer o máis difícil, que era pasar da recesión ao crecemento. Por iso –aseverou- agora non podemos dar volta atrás, non podemos desperdiciar este momento de creación de emprego. Votar a calquera outro partido significa arriscar o bo ritmo de crecemento económico.”

“Estes días o Sr. Besteiro aseguraba que votar ao PP era votar unha xestión irresponsable. Como pode falarnos de irresponsabilidade o Sr. Besteiro? Foi o seu partido, o Partido Socialista o que deixou a España nunha situación de bancarrota absoluta..

O presidente dos populares lucenses explicou que o PP demostra as súas políticas con feitos: “creamos máis de medio millón de novos empregos nun ano, garantimos o Estado de Benestar, subimos as pensións un 9% e, coas reformas emprendidas, conseguimos aforrar 20.352 millóns de euros nas Administracións Públicas. Porque esta é a única forma de garantir as políticas sociais e o Estado de Benestar; de garantir aquilo que realmente lles interesa ás persoas.”

Barreiro recalcou que “votar ao PP é votar a un proxecto serio e estable, con propostas claras e realistas que permiten crear máis emprego e máis benestar en todos e cada un dos concellos de España. Que o noso país siga traballando, facendo e medrando e só posible co voto ao Partido Popular”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com