O portavoz o GPP no Senado e senador por Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou, nunha intervención ante os medios na Cámara Alta, que “aínda estamos a tempo de poñer os intereses de España por encima de calquera interese partidista”.
Barreiro explicou que, ante a próxima rolda de contactos co Rey, PSOE, Podemos e Cidadáns deben antepoñer os intereses de todos os españois e permitir que o noso país teña un goberno estable. “O que necesita España é estabilidade para que o ritmo de crecemento económico e a creación de emprego continúen”, asegurou.
Neste sentido, puxo de manifesto que só “un Goberno presidido por Mariano Rajoy, que foi quen gañou as eleccións, pode ofrecer garantías”. A continuación, explicou que ese goberno debe estar “apoiado pola segunda forza política, o PSOE” e concretou que “sería bo que tamén Cidadáns formase parte del”.
José Manuel Barreiro insistiu en que “calquera outra alternativa levaranos a unha perda de confianza e estabilidade”. Asegurou que tampouco é boa unha nova convocatoria electoral e lembrou que aínda hai tempo para evitala.
Asemade, criticou o tempo perdido dende as eleccións e que so se xustifica polos intereses persoais dos lideres de Psoe, Podemos e Cidadáns.