O portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou en roda de prensa esta mañá, logo da reunión do Comité de Dirección, que nas próximas semanas traballarán para “explicar a acción de Goberno e dar resposta ás necesidades dos lucenses coa celebración de foros de debate e reunións comarcais”.
Asemade, José Manuel Barreiro destacou que se reactivará a ruta social do partido “con encontros cos principais colectivos sociais da provincia para identificar as súas prioridades e explicarlles a política social posta en marcha polo PP con o obxectivo de garantir a cohesión social”. Barreiro tamén anunciou que o PP de Lugo acaba de nomear ao Comité de Campaña. O secretario xeral da formación na provincia, José Manuel Balseiro, foi designado como coordinador. O encargado das redes sociais será Manuel Antonio Fernández Piñeiro, actual responsable de novas tecnoloxías na provincia.
O portavoz do GPP no Senado fixo balance dos primeiros 100 días de mandato dos novos Gobernos formados por coalicións de esquerdas e nacionalistas na provincia. Afirmou que están caracterizados pola “improvisación e a inacción. Ser político implica asumir responsabilidades e tomar decisións, fronte á parálise de estes novos gobernos está a capacidade do PP que soubo gobernar en momentos de crises”, sinalou José Manuel Barreiro.
O líder do PP de Lugo puxo como exemplo á alcaldesa da cidade, “non soubo estar á altura das circunstancias, hao demostrado rexeitando reunirse coa Ministra de Fomento.Un exemplo de como se fan ben as cousas témolo na Deputación”, asegurou Barreiro-.
O portavoz do GPP no Senado tamén reflexionou sobre a crise do sector gandeiro. Barreiro asegurou que o apoio ao sector gandeiro, “clave para a economía galega e a supervivencia do rural, é innegociable”. Neste senso, afirmou que o acordo do Ministerio de Agricultura “é histórico porque implica a produtores, industria e distribución e, por tanto, beneficioso para o sector, especialmente para Galicia, que pon no mercado o 40% de toda a leite español, por iso é importante que todos se somen a el”.