Barreiro defende que o PP é “garantía de estabilidade” fronte “os extremistas”

O candidato do PP ao Senado pola provincia de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro, defendeu esta mañá dende Plasencia que só o Partido Popular  “pode garantir a vitoria da estabilidade e o futuro fronte os postulados extremistas”. Barreiro firmou que ese partido “vai de primeiro en todas as enquisas e é o Partido Popular”.

Xosé Manuel Barreiro subliñou que “a moderación necesita un voto forte e claro e cohesionado en torno ao PP” xa que “a única posibilidade que teñen os radicais de gañar as eleccións é que os moderados dividamos o noso voto”.

O senador lucense destacou ademais que as deste domingo son as eleccións “máis importantes da nosa democracia”. “Son un cruzamento de camiños decisivo e, con todo o que hai en xogo, non podemos cometer o risco de votar a intermediarios”, sentenzou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com