O presidente do PP de Lugo e portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, afirmou hoxe, nun acto sobre emprendemento feminino, celebrado no Centro Social Uxío Novoneyra da capital lucense, ao que asistiu a secretaria xeral de Mulleres en Igualdade, Carmen Fúnez. que “as políticas a favor e en apoio da muller non son palabras rimbombantes, nin etiquetas que outros tentan poñer; son as reformas, os feitos e a vontade dun Goberno como o de Mariano Rajoy que apoiou desde o minuto uno ás mulleres de España”.
Do mesmo xeito, o presidente dos populares lucenses destacou o traballo que desenvolve Mulleres en Igualdade, coa súa secretaria xeral á fronte, a senadora do PP Carmen Fúnez. Así, en referencia a esta organización, destacou que “fomenta o emprendimiento feminino como unha aposta laboral segura”.
José Manuel Barreiro sinalou con rotundidade que “o emprego é o centro de todas as políticas do Partido Popular? e a clave de toda a súa estratexia política e económica”, e engadiu que “para que as mulleres tomen as rendas da súa vida e poidan decidir libremente o que queren ser, o primeiro que fai falta é crear emprego”. Do mesmo xeito, referiuse ás mulleres do ámbito rural e destacou que o Executivo de Rajoy dá moita importancia a todas as persoas que viven no medio rural e se dedican á agricultura, á gandería ou á pesca. “Queremos que as mulleres non teñan que abandonar o medio rural, queremos darlles oportunidades para que poidan vivir e traballar alí”, remarcou José Manuel Barreiro.
Para rematar, o portavoz dos populares no Senado sinalou que, a partir de 2016, as mulleres traballadoras percibirán unha subida na súa pensión de ata o 15% en función do seu número de fillos. Igualmente, puxo de manifesto que 125.000 mulleres beneficiaranse desta medida, unha cifra que ascenderá a medio millón a finais da próxima lexislatura.