Barreiro di que o AVE será unha realidade en Lugo

O portavoz do GPP no Senado, José Manuel Barreiro mantivo, ao longo do día de hoxe, unha reunión co Ministro de Fomento, Íñigo da Serna e outra co Presidente de Adif, Juan Bravo Rivera e a directora Xeral de Explotación e Construción, Isabel Pardo de Vera en relación á chegada do AVE a Lugo.

Tras os encontros Barreiro corroborou o compromiso que o Ministro xa transmitira ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o dos representantes de Adif, co acceso de Lugo á Alta Velocidade. Para iso o departamento que dirixe Íñigo da Serna está a estudar cal é a posibilidade técnica máis adecuada. Neste sentido, o portavoz do GPP no Senado dixo que “por fin a Alta Velocidade vai ser unha realidade para todos os lucenses e o noso empeño é que se consiga no menor prazo posible”.

O portavoz popular explicou que a chegada do AVE é un compromiso do Partido Popular, tanto a travesó do Ministerio como da Xunta de Galicia, que xa converteu a conexión por alta velocidade Lugo-Monforte-Ourense, na súa prioridade número un .

José Manuel Barreiro tamén puxo de relevo as importantes consecuencias económicas e sociais que representará a chegada do AVE a Lugo, que permitirá mellorar os intercambios empresariais e mellorar a conectividade.

Estación de ferrocarril de Sarria

Ademais, o portavoz do GPP trasladou aos responsables de Adif a súa preocupación pola mecanización dos expendedores de billetes na estación de ferrocarril de Sarria. Durante a reunión, Juan Bravo Rivera explicou que non se suprimirán postos de traballo e que o único cambio que se vai producir na estación de Sarria será a automatización da venda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com