Barreiro e Crespo comprometen o apoio do PP á actividade cinexética

O cabeza de lista ao Senado por Lugo, José Manuel Barreiro, e o número 3 á Cámara Alta por Pontevedra, José Crespo, acompañados da coordinadora de Medio Ambiente do PPdeG, Marisol Díaz Mouteira, trasladaron esta mañá á Federación Galega de Caza o apoio do PP a esta actividade polos seus beneficios ambientais, de mellora do control de poboacións e da xestión do territorio.

Na xuntanza na que estivo presente o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, os populares subliñaron que o seu programa electoral do 23-X recolle o apoio á actividade cinexética sostible, coa participación e representación do sector, con medidas para un desenvolvemento equilibrado, e maior formación en aspectos como a seguridade ou o hábitat.

Ademais, o PP propón, entre outras cousas, permitir o control do lobo para garantir a súa coexistencia coa gandería, tendo en conta que durante o Goberno de Sánchez esta especie foi incluída, tamén en Galicia e sen ningún aval científico, na lista de máxima protección.

Para o Partido Popular, atender as necesidades da Galicia rural, representada na reunión por Barreiro e Crespo, será unha das prioridades do Goberno se Feijóo obtén o apoio da maioría dos españois nas eleccións do 23-X.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten establecida unha liña de colaboración coa Federación Galega de Caza en materia de divulgación e fomento da actividade cinexética a través de convenios anuais, cunha achega de 200.000 euros no período 2016-2023, tendo en conta que a perda de cazadores é unha tendencia que se mantén

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com