O cabeza de lista popuplar ao Senado pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, reivindicou que “o PP é un valor seguro contra o paro” fronte ao PSOE “que volve despedirse do Goberno destruíndo emprego”. Así o recordou na cidade de Monforte de Lemos onde participou nunha visita ao Museo do Viño acompañado da candidata á Cámara Alta, Rosa Arza, e a alcaldable popular no municipio, a avogada Katherinie Varela.
Barreiro recordou que “o Partido Popular deixou España creando máis emprego ca nunca. No único trimestre no que gobernou o PP creáronse 469.900 postos de traballo que supoñen o 80% do emprego creado no último ano. Co PP, España lideraba a creación de emprego en Europa e encadeaba o período máis longo de incrementos sucesivos da contratación indefinida”. Pola contra, “con Sánchez o paro incrementouse en preto de 50.000 persoas no primeiro trimestre do ano 2019” sendo “a maior subida do paro rexistrada en 6 anos dende o inicio da recuperación económica no 2013. E non o digo eu; senón que así se reflexa dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) neste período”, aclarou.
O popular asegurou, nese sentido, que “a esquerda é incapaz de xerar políticas de éxito e desenvolvemento para o noso país. A pesar do incremento do emprego público, destruíronse 93.400 empregos durante o primeiro trimestre deste ano”. Así mesmo, a poboación activa cae en 43.500 persoas “como mostra do desánimo que comeza a aflorar pola política económica do Goberno que leva a moitas persoas a non buscar emprego”, recalcou.
O cabeza de lista ao Senado pola nosa provincia representando ao Partido Popular sinalou tamén que “con Sánchez aumenta o número de familias con todos os seus membros no paro en 36.000”. Deste xeito, puxo de manifesto Barreiro que “o legado de Sánchez é o legado que deixa sempre a esquerda: máis familias na rúa e unha economía máis débil”.
Abr 25, 2019 - 07:54 PM
Las jornadas del humor.
Abr 25, 2019 - 07:30 PM
Seguro que hai paro, sí