Barreiro salienta que Lugo é a quinta provincia en apoio ao Partido Popular

O presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Barreiro, dixo que “os senadores e deputados electos polo Partido Popular póñense, desde este mesmo momento, ao servizo da provincia na súa condición de representantes directos da cidadanía lucense nas novas Cámaras que, previsiblemente, se constituirán o vindeiro 13 de xaneiro”.

Barreiro salientou que 85.810 veciñas e veciños da provincia votaron a candidatura popular, o que agradeceu. Unha cifra que “suma 7.631 sufraxios máis que a acadada polo PP nas eleccións locais celebradas hai sete meses”.

Os populares obtiveron ademais o 42,5% dos sufraxios, un respaldo superior en cinco puntos á media que esta formación política acadou en Galicia e en trece puntos maior que a media estatal.

Outro dos datos sinalados por Barreiro foi “o feito de que o PP de Lugo venceu no 91% dos municipios lucenses, isto é, en 61 dos 67 concellos da nosa provincia”. Barreiro adiantou que o Partido Popular analizará os resultados electorais máis polo miúdo, no Comité Executivo Provincial o vindeiro martes día 29.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com