Barreiro: votar a C´s é votar a Podemos”

O voceiro do Grupo Popular no Senado e candidato número un pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou hoxe que “quen queira vivir nunha España moderada non debe correr o risco de dispersar o voto”. “Votar a Ciudadanos é votar a Podemos”, matizou.

Barreiro lembrou que case o 8% dos votos de Lugo non serviron para nada nas eleccións de decembro, explicou que en provincias pequenas o partido de Rivera non vai conseguir escano “por iso os votantes de C´s teñen que saber que o PP é a única alternativa para que España non caia en mans de extremistas”.

O dirixente popular fixo estas declaracións nun encontro con veciños en Ribadeo, onde estivo acompañado, entre outros, pola Secretaria Xeral do Partido, María Dolores de Cospedal, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a Presidenta do PP de Lugo, Elena Candia.

Na súa intervención, José Manuel Barreiro subliñou que fronte á coalición de extrema esquerda de Unidos Podemos e a coalición do “non” de Sánchez e Rivera está Mariano Rajoy, que “representa a coalición do PP cos españois”. A renglón seguido fixo fincapé en que o único que une a Iglesias, Sánchez e Rivera é que ven como inimigo ao candidato que prefiren a maioría dos españois.

Neste sentido, Barreiro afirmou que “votar ao Partido Popular é votar a favor da seguridade”, seguridade no emprego, nas pensións, no crecemento económico, na unidade de España e na loita contra o terrorismo.

Experiencia para gobernar

 6Pola súa parte a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, pediu fuxir de alternativas políticas que só van traer o caos ao país e nos levarán a retroceder nos avances que o Goberno de Mariano Rajoy conseguiu na pasada lexislatura. “Non é momento de experimentos, nin de facer probas ensaio-erro, é momento de actuar con seguridade e tenacidade que é o que fai o Partido Popular”.

Candia ensalzou en Ribadeo a experiencia de xestión que atesoura o candidato popular, Mariano Rajoy, en contraste cos seus contrincantes. “Se gobernar xa non é traballo fácil, sen experiencia e sen proxectos políticos estables moito menos”.

Durante a súa intervención, a líder dos populares en Lugo sinalou ao seu partido como o único “capaz de afianzar o camiño de recuperación que dende o PP se ven construíndo nos últimos anos e de conseguir que España sexa un país seguro e fiable”. Por iso pediu ao votante que confíe na experiencia que demostrou ter o Partido Popular e lle permita gobernar de novo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com