Barreiros apoiará ao sector leiteiro repartindo publicidade a favor de mercar leite 100% galega

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, anunciou esta mañá que o Concello distribuirá nos próximos días 10.000 octavillas nas praias e establecementos hostaleiros do municipio para concienciar aos visitantes da difícil situación que atravesa o sector lácteo en Galicia e da importancia de mercar leite certificado como galego a través da etiqueta galega 100%.

O rexedor explicou que “dado que o sector lácteo é moi importante dentro da economía do noso municipio, sendo un dos sectores máis produtivos, queremos apoiar a este sector que está atravesando por momentos difíciles. Imos facelo da forma que cremos que é a mellor para contribuír a que isto mellore, e é distribuíndo 10.000 octavillas nas que se pide que se consuman produtos lácteos galegos e que se busque a etiqueta galega 100%”. Fuente Parga dixo que “non puidemos telos antes, pero nesta semana imos intentar entregalos aos turistas que estean aquí en Barreiros, a través de bares, paseos, zonas de praia, para ir concienciando á xente de que cando marche fóra de Galicia busque sempre esa garantía, sempre produtos lácteos de leite galego, de leite de Barreiros. É unha forma de axudar a que o sector volva ter uns prezos axeitados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com