Barreiros aproba a moción da Plataforma Sanitaria da Mariña que reclama un servizo de pediatría

A moción presentada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña no Concello de Barreiros acadou, unha vez máis, o voto favorable de forma unánime. Nunha sesión plenaria abarrotada de veciñas e veciños , a moción  foi defendida polo portavoz do colectivo, Víctor Vila, tras cederlle o seu primeiro turno de palabra o grupo municipal do BNG e ser este aceptado pola corporación.

Desde a Plataforma Sanitaria agradecen a todos os gupos políticos que conforman a Corporación Municipal polo seu voto favorable e agardan que esto non quede só nun xesto e “se traslade á Xunta o acordo unánime tomado en Barreiros, para que comecen a traballar na solución deste grave problema sanitario que afecta tamén aos veciños Concellos de Mondoñedo e Lourenzá”, manifesta Víctor Vila.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com