O Belén de Begonte despídese ata decembro

O Nadal rematou hai xa 20 días para moitos de nós, pero un recuncho da provincia todavía quedaba gozando dos últimos retazos dunha festa que alarga as súas actividades case dous meses completos. Ese recuncho é Begonte e, a festa, non pode ser outra que a que xira en torno a un dos atractivos turísticos da zona: o gran Belén de Begonte.

O centro cultural da localidade clausura mañá, 27 de xaneiro, o Nadal de Begonte, cunha programación que, sen ningunha dúbida, fará as delicias de todo aquel que se achegue ao municipio.

Entre as actuacións, que arrancarán ás 5 da tarde, atópase a música da Asociación Músico Crisantos, das escolas musicais dos concellos de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, dirixido por Esperanza Iglesias. Ademáis o salón de actps do centro cultural acollerá tamén as entregas dos premios dos diferentes certames convocados polos impulsores do Belén de Begonte.

Gañadores

En canto ao certame galego de arte José Domínguez Guizán, o xurado concedeu o premio, dotado de 1.500 euros e unha estatua de Sargadelos, ao lucense Fernando Villalba, pola obra “El bosque”. No certame xornalístico, o xurado galardoará cun primeiro premio de 600 euros e unha estatuíña de Sargadelos o traballo “Volver a nacer. La sombra del facedor”, publicado por Pablo Núñez González e, co segundo premio á escritora Marica Campo polo traballo xornalístico “Begonte, o noso Greccio”.

Tamén dous premios concedeu o xurado do Certame nacional de Poesía sobre o Nadal de Begonte, onde resultaron galardoados os poemas de Xosé Otero Canto ( “Xesús e o malabarista”, con 600 euros) e Laura López Estéban, (“Cantiga de viaxeiros”, con 300 euros).

Por último, o centro cultural entregará mañá tamén os galardóns aos nenos participantes no Certame de debuxo infantil do Belén de Begonte no que se premiou 16 traballos entre os primeiros e os segundos premios das dúas categorías.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com