Hoxe traemos a sección de cultura un libro que se presentou hai escasos 2 meses en Lugo. O título, “Cristales Rotos” da psicóloga luguesa Belén Rivera. Naquela ocasión non fixemos ningunha comentario da saída do libro, xa que no momento da presentación, os medios de comunicación prestan toda a atención á nova obra, pero, como é lóxico, unha vez nas librerías, non se volve sobre el a non ser por unha circunstancia excepcional.
Pero velaí que nos quixemos traer agora ás nosas páxinas o libro para saber como está a ser a traxectoria deste libro, logo da presentación e para elo puxémonos en contacto coa autora, a cal desenvolve o seu traballo nos servizos sociais da Xunta en Lugo.
Lémbrenos cal é a temática do libro? Son microrrelatos que versan sobre diversas temas como a violencia de xénero, a mendicidade, a prostitución…
As personaxes que aparecen nos relatos son ficticios ou teñen que ver co seu traballo na Xunta?
As personaxes non resultan alleos ao quefacer cotiá. Algúns son reais, de Lugo, con un toque de ficción. Outras moitas escenas transcorren acotío nas contornas desta cidade.
É o seu primeiro libro que a levou a escribilo?
A pandemia descubriume a necesidade de contemplar ás persoas excluídas ou vítimas dalgunha problemática social, máis aló dos formalismos e das presas, que se impoñen no meu quefacer diario como profesional dos servizos sociais. Imaxinei que as observaba circular, relaxadamente e con tempo suficiente para afondar no perfil máis irracional dos seus avatares vitais.
Logo de case dou meses do libro nos andeis das librarías como van as vendas?
Coas vendas estou contenta, xa se despachou máis da metade da edición dende que saíu á venda, é verdade que é unha edición corta pero se segue así, igual facemos unha segunda edición.