O Goberno da Deputación xera 13 novos empregos en 6 municipios da provincia: Monterroso, Ribeira de Piquín, Triacastela, Muras, Lugo e Monforte de Lemos. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.
Son, concretamente, 8 postos do DepuEmprego en Monterroso: 2 peóns limpeza; 3 peóns de obras; 1 conserxe; 1 tractorista – palista e 1 mestre educación infantil. Co Ben Empregado 3, o executivo presenta 5 novas ofertas: camareiro en Ribeira de Piquin; técnico de control de plagas en Triacastela; axudante de cociña en Muras; oficial de perruquería para Lugo; e oficial forestal para Monforte de Lemos
Todas as persoas interesadas nos postos de Monterroso teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego. O prazo de solicitude abrirase a partires da segunda semana de agosto.
No caso do Ben Empregado, os interesados deberán cubrir o formulario que se atopa na web da Deputación: www.deputacionlugo.org