O rotundo éxito do filme O que arde de Oliver Laxe non se pode negar e se non, que llelo digan ao persoal dos Codex. Preto de 5.000 localidades vendidas nestas salas e cheos totais semana tras semana demostran que o cinema galego vén pisando forte e que se reafirma con case 40.000 espectadores a nivel nacional. O pasado 16 de outubro, o propio director, visitou os Codex Cinema para acompañar ao público e reflexionar sobre a película cun intenso coloquio despois das proxeccións que se alongou ata ben entreada a noite.
Para continuar achegando aos espectadores as maravillas deste filme, os Codex terán o vindeiro mércores 30 de outubro a visita de Amador Arias e Benedicta Sánchez, os dous protagonistas da película que comentarán as súas experiencias en relación con O que arde.
Ambos estarán presentes nas sesións das 18.00 e das 20.00 horas, presentando o filme e falando co público.
Out 28, 2019 - 11:52 PM
Outro día no cal teremos posibilidades de que nos boten Álvaro 😂😂😂