Benestar reforza polo COVID 19 o Fogar do Transeúnte para atender a un maior número de persoas vulnerables

A concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores do Concello de Lugo reforzará a asistencia do Fogar do Transeúnte para poder atender a un maior número de persoas vulnerables ante a situación de crisis sanitaria provocada polo coronavirus COVID 19. O obxectivo do Goberno de Lara Méndez é, segundo avanzou a edil responsable, Olga López, que ninguén dos usuarios habituais e dos novos casos que se poidan dar queden sen xantar e para iso estableceranse quendas de xeito que non estean xuntas máis de 20 persoas en cada unha delas.

Outro dos fins que se persegue con este reforzo e procurar reter a aquelas persoas sen recursos que non teñen onde facer noite. “Debemos procurar que queden no centro e que non transiten polas rúas e evitar así un posible contaxio, porque moitas delas son colectivos de risco”, sostivo Olga López. Para iso, a concellaría habilitará novos espazos con camas a medida que xurda a demanda.

Asemade,Lara Méndez, asinou esta mañá un decreto para cambiarlle o uso, de xeito temporal, ao pavillón municipal de Deportes, sito na rúa Santiago, por se é necesario habilitalo para acoller ás persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do Transeúnte. O obxectivo é garantir as demandas sociais e non deixar a ninguén que o necesite na rúa.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Mar 16, 2020 - 11:58 PM

    E pregunto e eu? Antes non era preciso tomar estas medidas. Ou e que aterramos do estado de gilipolloez no que estavamos. Por que hay tres o catro ou seis días este problema xa estaba ahí.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com