Besteiro anuncia a apertura do viaducto da A6 o vindeiro 30 de decembro

O presidente da Comisión de Transportes do Congreso e candidato á presidencia da Xunta polo PSdG José Ramón Gómez Besteiro anunciou esta mañá que o viaducto da A6 abrirá ao tráfico en dirección Madrid o vindeiro día 30 de decembro.

Fixo nunha visita realizada esta mesma mañá ás obras acompañado do presidente da Deputación de Lugo, o alcalde de Pedrafita do Cebreiro e a alcaldesa de Vega de Valcarce, onde sinalou   ” o estricto cumprimento dos prazos o que evidencia o compromiso de Pedro Sánchez con Galicia”.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación  incidiu en que, mentres o Goberno do Estado “cumpre coa provincia e con Galicia pois respéctanse estritamente os prazos marcados polo Executivo para acometer as obras de reconstrución dos dous viadutos do Castro entre Pedrafita do Cebreiro e Vega de Valcarce”, a Xunta segue con “graves incumprimentos”, como é o “abandono” da estrada autonómica LU-651, no Courel. O Goberno galego aínda non arranxou, despois de case dous anos, o derrubamento que sufriu a vía entre Folgoso e Quiroga, e non construíu “un só quilómetro” entre Folgoso e Seoane.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com