Besteiro aposta en Vilalba “por políticas desde os concellos para garantir o futuro do medio rural”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, garantiu hoxe en Vilalba que “os socialistas faremos políticas desde os concellos para que o medio rural teña un futuro mellor, non podemos limitarnos ás verbas ou a actuar tarde, mal e arrastro como Feijóo”.

O líder dos socialistas galegos, xunto ao secretario xeral provincial do PSdeG en Lugo, Juan Carlos González Santín, e a candidata á alcaldía de Vilalba, Elba Veleiro, visitar unha Sociedade Agraria de Transformación. “Estamos aquí para falar cos cidadáns e cos que teñen moito que dicir, é un momento duro para o agro, aínda que Feijóo presentouse como garante dun prezo xusto para o leite”, manifestou Besteiro.

“Xa non podemos pedirlle máis esforzo ás explotacións gandeiras, fixeron o seu traballo e desde as administracións temos que garantir o seu futuro, hai que  impoñerse á distribución e dar esperanzas de futuro a un sector fundamental para a economía galega”, apuntou.

En opinión de Besteiro, “podemos facer cousas desde os concellos, temos que ordenar as terras e para iso é clave tamén un Igape forte e unhas consellerías da Xunta fortes. E engadiu “Crer no rural, non só con verbas, será un motivo de ilusión para os galegos, o sector lácteo é estratéxico para Galicia.

Pola súa parte, Elba Valeiro apuntou que “o medio rural é fundamental no noso programa, Vilalba ten que poñer en valor o seu territorio para que non teñan que marchar os nosos fillos e os nosos netos, este concello ten que cambiar para mellorar e ser cabeceira de comarca”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com