O candidato do PSdG ao Congeso por Lugo denunciou “A descoordinación da Xunta pon en perigo a apicultura e a agricultura galega, e fomenta o desequilibrio do ecosistema natural pola posible desaparición da abella común”.
Gómez Besteiro alertou dos “perigos desta praga, un exemplo de como o PP abandonou o rural”. Para o socialistas, a praga non só afecta aos apicultores senón a toda a sociedade polo risco que supón a presenza cada vez máis importante de velutinas. “Mentres, a Xunta decide se modifica ou non o seu protocolo de actuación ante un problema que segue sen ser tratado como o que é: unha praga”.
“En Lugo perdeuse o 40% da producción de mel por culpa da velutina e pola inacción do goberno do PP, e a situación non mellora porque este ano xa se retiraron máis de 2.000 niños en Galicia”. Para Gómez Besteiro esta é unha proba máis do pouco que lle importa o rural ao PP, a sostenibilidade e o medioambiente:“Os socialistas denunciamos esta situación porque o PP e Vox negan o cambio climático. O PP desde a etapa de Rajoy xa o negaba. 0 70% da agricultura depende da abella, pola polinización. Fronte o abandono do PP, os socialistas apoiamos máis investigación e avances científicos. Ecosistema sano, abella sana ”, explicou.
O cabeza de lista ao Congreso polo PSOE de Lugo, reuniuse este mediodía en Vilalba coa xunta directiva da Asociación de Apicultura Serra de Carba e achegouse ata as 200 colmeas cos socios. “Mentres Feijóo e Rueda deciden que departamento ten que estar á fronte, son os bombeiros municipais e os propios apicultores quenes en moitas ocasións póñense en risco para retirar os niños de velutinas. Unha vez máis, a Xunta, como fai cada vez que ten que xestionar un problema da súa competencia, mira para outro lado e espera que sexan outras administracións como os concellos quenes fagan o seu traballo. Lembren que é a súa competencia”, denunciou.