Parece confirmado, Lara Méndez acompañará a José Ramón Gómez Besteiro, na segunda praza na lista socialista pola provincia de Lugo ao Parlamento Galego. As carreiras políticas de Besteiro e Méndez volven converxe, xa que, a actual alcaldesa de Lugo xa compartiu mandato con Besteiro na Deputación de Lugo.
Queda agora por saber quen substituirá a Méndez. Soan dous nomes do goberno municipal da área socialista para ocupar a alcaldía que deixa baleria Lara Méndez, pero se ese nome fora de muller tería que haber dimisións. Haberá que esperar a que se confirme o abandono da actual alcaldesa para saber algo certo.